EduDynamic é o novo proxecto educativo dixital do Grupo Anaya. Para facilitarche o acceso ao escenario dixital para o alumnado e o uso dos libros dixitais, preparamos uns titoriais. Preme nas seguintes ligazóns para acceder directamente a cada un dos apartados do titorial:
Se es novo alumno ou alumna na comunidade Xerais, terás que rexistrarte na área privada dunha das webs para acceder aos teus libros dixitais EduDynamic.
Cando accedas á área privada de cada selo deberás solicitar o rexistro a través da ligazón Zona privada >> A web do alumnado, ou facendo clic no seguinte botón:
Rexistro na área privada de Xerais
Para iniciar o proceso de rexistro deberás cubrir o formulario de rexistro seguindo as instrucións que encontrarás no propio formulario. Se es menor de 14 anos, deberás rexistrarte coa axuda do teu pai, nai ou titor/a.
Cando cubras todos os campos, envía o formulario. A continuación, poderás acceder á túa área privada co usuario e contrasinal que escribiches no teu rexistro. Se tes dúbidas, consulta a información para o acceso á área privada nesta mesma páxina.
A primeira vez que accedas á túa área privada terás que seleccionar a comunidade autónoma na que estudas e, a continuación, poderás engadir os códigos de licenza dos teus libros dixitais ao teu andel virtual. Se tes dúbidas sobre como xestionar os teus libros dixitais na área privada de Xerais ou como utilizar os novos libros dixitais de EduDynamic, consulta a información ao respecto nesta mesma páxina.
Se es alumno ou alumna de anos anteriores pero non lembras o teu contrasinal de acceso, consulta a información sobre como recuperar o teu contrasinal de usuario nesta mesma páxina.
Se esqueciches o teu contrasinal, preme no texto Olvidei a miña contrasinal no formulario de acceso á web do alumnado de Xerais e sigue as instrucións da web e as que recibirás por correo electrónico. Para conseguir recuperar o contrasinal terás que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.
Cada libro físico leva impreso un código alfanumérico na cara interior da tapa frontal, preto do texto que fai referencia ao proxecto dixital EduDynamic co logo
Para engadir os teus libros dixitais ao teu andel virtual só tes que entrar no apartado Introducir Licenza da túa área privada, seguir as instrucións de navegación e escribir o código alfanumérico da tapa do teu libro físico no campo baixo o texto “Credencial ou código / licenza”.
BlinkLearning é unha plataforma na que os usuarios, xa sexa o profesorado ou o alumnado, teñen acceso a libros dixitais interactivos.
O primeiro paso para acceder aos contidos dixitais cos que traballaredes na túa clase será que accedas a Blinklearning.com e que, unha vez alí, selecciones Crear conta.
Sigue estas indicacións para continuar: