EduDynamic é o novo proxecto educativo dixital do Grupo Anaya. Para facilitarche o acceso ao novo escenario dixital para o profesorado e o uso dos novos libros e recursos dixitais, preparamos uns titoriais.
Cando accedas á
Rexistro na área privada de Xerais
Para iniciar o proceso de rexistro deberás cubrir o formulario de rexistro seguindo as instrucións que atoparás no propio formulario.
Cando teñas todos os campos cubertos, envía o formulario. A continuación, recibirás un correo informando de que a túa solicitude foi rexistrada. Os teus datos serán recibidos polo persoal de promoción escolar, que os revisará e os validará, ou se poñerá en contacto contigo se falta algún dato ou se require algunha corrección. Unha vez comprobados os datos da túa solicitude, en 24 horas recibirás un correo electrónico coa confirmación do rexistro.
Se es membro da comunidade Anaya de anos anteriores non necesitarás rexistrarte de novo. Con todo, se este curso vas impartir clases con libros doutros selos editoriais si deberás solicitar os materiais dos novos selos na área privada.
Para acceder á área privada do selo ou selos nos que xa te rexistraches con anterioridade só tes que introducir o teu usuario (o correo electrónico co que te rexistraches) e o teu contrasinal.
Se esqueciches o teu contrasinal, preme no texto Olvidei a miña contrasinal en el formulario de acceso á área privada de Xerais e sigue as instrucións da web e as que recibirás por correo electrónico. Para conseguir recuperar o contrasinal terás que ter acceso ao correo electrónico co que te rexistraches na área privada.
Unha vez se complete o teu rexistro coa validación dos teus datos e accedas á área privada, podes empezar a xestionar os teus libros e recursos premendo en Engadir contido.
Para seleccionar un libro dixital ou un recurso para engadilo ao teu andel virtual terás que indicar o curso e a área ou proxecto educativo no que se localiza o libro ou recurso. Unha vez seleccionados estes parámetros apareceranche os materiais dispoñibles para Engadir ao teu andel.
Unha vez accedas á área privada da web, podes acceder aos teus datos persoais e profesionais premendo na ligazón O meu perfil:
BlinkLearning é unha plataforma na que os usuarios, xa sexa o profesorado ou o alumnado, teñen acceso a libros dixitais interactivos.
Preme nas seguintes ligazóns para descargar os titoriais de cada paso do proceso para o rexistro e uso dos libros dixitais de EduDynamic: