A aprobación da Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, pon en marcha un proceso de reforma do sistema educativo non universitario que durará tres anos, finalizando no curso escolar 2023-2024, e que incorporará novidades importantes no ordenamento actual.
Neste artigo compartimos as novidades máis relevantes desta reforma, que os axentes educativos deben coñecer e comprender ben porque condicionan o seu modo de actuar.
A reforma do sistema educativo
O seu obxectivo último consiste en sentar as bases que permitan facer fronte aos importantes desafíos que a educación ten ante si e lograr as ambiciosas metas que se propuxo para os próximos anos. Para iso, a Lei parte dos avances que o sistema educativo realizou nas últimas décadas, incorporando todos aqueles aspectos estruturais e de ordenación que demostraron a súa pertinencia e a súa eficacia e propoñendo cambios naqueloutros que requiren revisión.
Todos estes cambios, recorda o Ministerio de Educación e Formación Profesional, para que se-xan efectivos, requiren do compromiso e da colabora-ción dos axentes educativos porque, como recoñece a propia Lei:
En última instancia, a Lei aséntase na convicción de que as reformas educativas deben ser continuas e paulati-nas e que o papel dos lexisladores e dos responsables da educación non é outro que o de favorecer a mellora continua e progresiva da educación que reciben os ci-dadáns.
Novos proxectos educativos para la LOMLOE
En Xerais traballamos para ofrecerche os mellores proxectos educativos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato adaptados á nova Lei de Educación, a LOMLOE, que entra en vigor en 2022. Consulta todo o que necesitas saber sobre a reforma da a Lei de Educación na Guía sobre a LOMLOE de HablamosDeEducacion.es con vídeos, claves da nova Lei e webinars de formación para docentes.